Sidebar

Fotografía

"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía nekerafa 1 year ago 100%
Cabeceira fediverso.gal

Bo día xente! Estes días estou continuando coa páxina web de [fediverso.gal](https://fediverso.gal) (que non me olvidei, pero tiven moito traballo e vou lento). Estou a facer as tarefas de maquetación da páxina web e estaba pensando en que, xa que temos esta sección no foro, pediros a quen queira participar para engadir fotos a cabeceira da páxina web. Nestes momentos está tal que así: ![Captura da páxina web en desenvolvemento](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/5acec1d7-38fb-4bb2-bf5b-ad1611fc9c38.png) Estou a usar fotos de recursos libres, como Wikipedia e demáis, pero pensando que isto ao final é algo colaborativo, penso que está ben que toda a xente que queira poda contribuir. Por iso aproveito esta comunidade, para que, se queredes, podedes enviar as vosas fotografías coas seguintes restriccións: - Preferiblemente en formato webp o avif, pero me vale calquer formato libre ou compatible con GIMP (para recodificalo se fora necesario). - A resolución da web aplicase a 2560x720, podedes envialo nesta ou ocupome de recortalo. - A licencia da fotografía ten que ser unha licencia libre (por exemplo Creative Common Attributions ShareAlike 4.0). Engadirei a autoría nun pe de páxina acima da imaxe. Non importa cando o fagades, que vou estar revisando este topic se algunha persoa se anima hahaha. Saudiños!!

1
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 1 year ago 100%
[\#RetoSemanal](https://mastodon.gal/tags/RetoSemanal) [#FotoSemanal](https://mastodon.gal/tags/FotoSemanal)

[\#RetoSemanal](https://mastodon.gal/tags/RetoSemanal) [#FotoSemanal](https://mastodon.gal/tags/FotoSemanal) \- #️⃣ Sigue estos cancelos (+) / Follow(+) this hashtags \- 🖼️ Publica usando a túa conta de Mastodon / Publish with your current Mastodon account and use those hashtags \- :ablobcouple: sigue / follow [@fotografia](https://foros.fediverso.gal/c/fotografia) [https://foros.fediverso.gal/post/4781](https://foros.fediverso.gal/post/4781)

1
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía sunes 1 year ago 100%
Semana 13 - Insectos

# Os primeiros bechos do ano **Insectos** Agora que comezou a primavera, os primeiros insectos están a saír de novo do seu acubillo invernal. Comparte unha foto dun insecto empregando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao “+” para seguilo en Mastodon) [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/ff1831be-af9c-42c5-bd12-d18df8e10a6f.jpeg) [Foto de sunesina en flickr](https://www.flickr.com/photos/sunesina/49735245298) #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: - aberto a todo o Fediverso, non só galego - durante os próximos 7 días - máximo dúas publicacións - imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) - engadir descrición á imaxe (Alt Text) - engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.

2
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 2 years ago 100%
Semana 12 2023 - Primavera

## Xa está aquí!!! derrétese o xeo, a primavera é renovación e cambio, un novo comezo, paxariños e todo iso XD Comparte unha foto da _túa primavera_ usando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao "+" para seguilo en Mastodon) [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![foto dunha pola dunha árbore con follas amarelas onde o xeo se derrete](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/f35925f7-7622-4119-988d-c872789005b8.jpeg) _foto con licenza CC0 en pixabay_ #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * aberto a todo o Fediverso, non só galego * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.

1
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 2 years ago 100%
Semana 11 2023 - Auga

Este inverno veu _mollado_, e temos **auga** por todas partes Novo **reto semanal**, onde podemos mirar á auga, ao que significa para a vida, como modifica os nosos hábitos diarios, a súa falta, a súa forma ("be a teapot!!"), flúe como o tempo... [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![](https://images.unsplash.com/photo-1538300342682-cf57afb97285?ixlib=rb-4.0.3&ixid=MnwxMjA3fDB8MHxwaG90by1wYWdlfHx8fGVufDB8fHx8&auto=format&fit=crop&w=687&q=80) _foto: [unsplash](https://unsplash.com/photos/YpZ2cj4s0oo)_ #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * aberto a todo o Fediverso, non só galego * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.

1
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 2 years ago 100%
Semana 10 2023 - Muller

O oito de marzo celebramos o día dedicado á muller. Con este motivo dedicamos este **reto semanal**. [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/482a8a0b-4acb-4e15-9d8e-f364f61f12af.jpeg) _foto: Martín Rei Leis_ #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * aberto a todo o Fediverso, non só galego * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.

1
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 2 years ago 100%
Semana 9 2023 - Amencer

## Reto fotográfico da semana 9 de 2023 - Amencer Subscríbete a @fotografia@foros.fediverso.gal coa túa conta Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, … NON precisas unha conta no foro. O **amencer**, literal ou figuradamente. ![foto de meteogalicia](https://files.botsin.space/media_attachments/files/109/918/737/381/906/750/original/18a44226bf7bb4db.jpg "foto de meteogalicia") [fonte meteogalicia](https://botsin.space/@meteo_galicia/109918737390968481 "fonte") Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. [Presentación e Normas](https://foros.fediverso.gal/post/4781) aberttas a debate para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc. Finalmente **DALLE A COMPARTIR** a esta mensaxe e anima a participar ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes. **Grazas**.

1
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 2 years ago 100%
Semana 8 2023 - Entroido

Reto fotográfico Semana 8 - Entroido ![festa do cocido en Lalín, 2020](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/9f16c0b1-2eb9-422e-a565-edb7fc76e7f4.jpeg "imaxe de Óscar Corral da festa do cocido en Lalín en 2020. Vese a varios políticos e unha xornalista posando diante de chourizos, touciño e cachuca nunha exposición") _Crédito [@corralfoto@mastodon.gal](https://mastodon.gal/users/corralfoto)/EFE , Lalín 2020_ [Subscríbete a @fotografia@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/fotografia) **coa túa conta** Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, ... NON precisas unha conta no foro. Cadra este primeiro reto cunha das semanas máis intensas de celebracións en toda Galicia. O tema proposto, **O Entroido**, da pé a múltiples puntos de vista e a estimular a imaxinación. Para **participar** só tes que **RESPONDER a esta mensaxe** publicando a túa imaxe: - durante os próximos 7 días - máximo dúas publicacións - imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) - engadir descrición á imaxe (Alt Text) - engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder **comentar**, valorar e preguntar ás autoras. Esta é a primeira _edición_ do reto semanal, polo que convídote a ler [Presentación e Normas](https://foros.fediverso.gal/post/4781) para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc. Finalmente **DALLE A COMPARTIR** a esta mensaxe e anima a **participar** ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes. Grazas.

1
0
"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 2 years ago 100%
Reto Fotográfico Semanal

# Normas de Participación no Reto Fotográfico Semanal Borrador con **proposta** das regras básicas do reto fotográfico - cunha conta do _fediverso_ ou do foro subscribirse a `@fotografia@foros.fediverso.gal` para recibir avisos e mensaxes novas, comentar ou compartir as fotografías. - fotografía realizada pola usuaria que a publica durante a semana do reto. Trátase de un **divertimento**, non dun concurso. - as fotografías pertencen a quen as publica. - as fotografías deben respectar as NORMAS de convivencia de foros.fediverso.gal, non admitindo fografías e mensaxes que atenten contra a dignidade das persoas podendo a administración tomar as accións que se estimen oportunas en todo momento. - realizada con calquera dispositivo, "editada" ou non. - formato e proporcións libres, non sendo recomendable fotografías de moi alta resolución que enlentezan a carga da web e dificulten a visualización. - a visibilidade da publicación deberá ser **pública** - máximo DÚAS fotografías por participante e semana - engadir NSFW se a temática o require - engadir descrición AltText para persoas con deficiencias visuais e lectores de pantalla - posibilidade de engadir texto á publicación para dar contexto ou explicar os motivos da fotografía - participación aberta a todo o _fediverso_, independentemente do servidor onde teñas a túa conta - a participación realízase **respondendo** á mensaxe orixinal publicada por *@fotografia@foros.fediverso.gal* coa proposta semanal desde calquera conta compatible do *fediverso*: mastodon, pleroma, pixelfed,lemmy,... - o _reto_ durará unha semana desde a data de publicación do mesmo (venres?). Debería ser quincenal, mensual,...? - utilizar cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal ... na publicación para axudar a espallar o grupo - o tema do reto pódese someter a votación na semana previa ou quen se encargue da publicación ir elexindo un tema que considere axeitado podes responder a esta mensaxe para facer constar a túa opinión e facer propostas as regras quedarán fixadas no foro e estarán suxeitas ás modificacións que resulten acordadas - [Semana 8 2023 Entroido](https://foros.fediverso.gal/post/4912) - [Semana 9 2023 Amencer](https://foros.fediverso.gal/post/5375) - [Semana 10 2023 Muller](https://foros.fediverso.gal/post/5863) - [Semana 11 2023 Auga](https://foros.fediverso.gal/post/6479) - [Semana 12 2023 Primavera](https://foros.fediverso.gal/post/7055) - [Semana 13 2023 Insectos](https://foros.fediverso.gal/post/8177)

1
0