"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía ghose 2 years ago 100%

Reto Fotográfico Semanal

Normas de Participación no Reto Fotográfico Semanal

Borrador con proposta das regras básicas do reto fotográfico

  • cunha conta do fediverso ou do foro subscribirse a @fotografia@foros.fediverso.gal para recibir avisos e mensaxes novas, comentar ou compartir as fotografías.
  • fotografía realizada pola usuaria que a publica durante a semana do reto. Trátase de un divertimento, non dun concurso.
  • as fotografías pertencen a quen as publica.
  • as fotografías deben respectar as NORMAS de convivencia de foros.fediverso.gal, non admitindo fografías e mensaxes que atenten contra a dignidade das persoas podendo a administración tomar as accións que se estimen oportunas en todo momento.
  • realizada con calquera dispositivo, "editada" ou non.
  • formato e proporcións libres, non sendo recomendable fotografías de moi alta resolución que enlentezan a carga da web e dificulten a visualización.
  • a visibilidade da publicación deberá ser pública
  • máximo DÚAS fotografías por participante e semana
  • engadir NSFW se a temática o require
  • engadir descrición AltText para persoas con deficiencias visuais e lectores de pantalla
  • posibilidade de engadir texto á publicación para dar contexto ou explicar os motivos da fotografía
  • participación aberta a todo o fediverso, independentemente do servidor onde teñas a túa conta
  • a participación realízase respondendo á mensaxe orixinal publicada por @fotografia@foros.fediverso.gal coa proposta semanal desde calquera conta compatible do fediverso: mastodon, pleroma, pixelfed,lemmy,...
  • o reto durará unha semana desde a data de publicación do mesmo (venres?). Debería ser quincenal, mensual,...?
  • utilizar cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal ... na publicación para axudar a espallar o grupo
  • o tema do reto pódese someter a votación na semana previa ou quen se encargue da publicación ir elexindo un tema que considere axeitado

podes responder a esta mensaxe para facer constar a túa opinión e facer propostas

as regras quedarán fixadas no foro e estarán suxeitas ás modificacións que resulten acordadas

1
0
Comments 0