"Initials" by "Florian Körner", licensed under "CC0 1.0". / Remix of the original. - Created with dicebear.comInitialsFlorian Körnerhttps://github.com/dicebear/dicebearFO
Fotografía sunes 1 year ago 100%

Semana 13 - Insectos

Os primeiros bechos do ano

Insectos

Agora que comezou a primavera, os primeiros insectos están a saír de novo do seu acubillo invernal.

Comparte unha foto dun insecto empregando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao “+” para seguilo en Mastodon)

Regras de participación abertas a debate.

Foto de sunesina en flickr

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

2
0
Comments 0